Skip to Main Content

BILEGA

Bibliografía informatizada da lingua galega

ISSN 1885-2920

Introducción

BILEGA é unha bibliografía analítica que achega información exhaustiva e actualizada sobre traballos de investigación, divulgación e opinión que teñen por obxecto a lingua galega en calquera das fases do seu desenvolvemento histórico.

Enderezo de contacto: bilega@cirp.gal

BILEGA

Rexistros bibliográficos
23142
Rexistros de revistas
1530

Principales características

  • Está constituída por dúas táboas: BIBLIOGRAFÍA (que contén as entradas bibliográficas) e REVISTAS (que achega os datos das publicacións periódicas citadas na primeira).
  • Ademais dos traballos dedicados especificamente ao galego, inclúe un importante número de referencias sobre traballos de teoría lingüística e sobre outras linguas (panrománicos, iberorrománicos, portugueses, casteláns e astur-leoneses) que achegan datos do galego. Tamén inclúe traballos doutros campos científicos (etnografía, antropoloxía, ciencias naturais, etc.) útiles para o estudo do léxico do galego.
  • Os rexistros tratan de ofrecer a historia editorial completa de cada traballo referido (incluídas as notas de publicación e recensións a que deu lugar).
  • Dá conta non só das edicións impresas, senón tamén das electrónicas difundidas a través da Internet ou noutros soportes (CD-ROM, DVD-ROM etc.). As URLs das edicións en liña están activadas para facilitar o acceso aos textos completos.
  • Os datos de edición e as sinopses inclúen referencias a outros traballos referidos na bibliografía cuxos enlaces tamén están activados para facilitar a navegación interna pola base de datos.
  • Ofrece sinopses do contido das referencias bibliográficas, nas que se incluíron milleiros de voces comúns, topónimos e antropónimos que son obxecto de análise.
  • Está implementada con varios atributos de caracterización das referencias bibliográficas desde un punto de vista lingüístico (temas, enfoque metodolóxico, período da lingua, variedade de lingua, ámbito) que permiten deseñar pescudas moi precisas.
  • Tamén permite facer buscas por autores estudados (creadores literarios, lingüistas, filólogos, etnógrafos), coleccións documentais e outros recursos textuais ou lexicográficos impresos ou dixitais.

Logos