Introdución

eISSN 2695-3951

ArGaMed é unha serie de publicacións que complementa os proxectos Lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa Maria, Prosa literaria galega medieval, e mesmo BiRMED, todos eles desenvoltos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Na actualidade, publica un número por ano, que pode conter estudos ou edicións (críticas ou paleográficas, novas ou revisadas) relacionados cos proxectos mencionados. Teñen cabida na serie tanto monografías (de autoría individual ou colectiva) como misceláneas de traballos dun mesmo autor ou de autores diferentes.

Todos os orixinais son sometidos a un riguroso proceso de avaliación “por pares cegos” que decide a súa aceptación (eventualmente, condicionada ás modificacións que poidan ser suxeridas polos avaliadores) ou non.

Logo ArGaMed
T-I-1 f.83r © PATRIMONIO NACIONAL