Buscador Sobre TERGAL


Presentación    

TERGAL é un banco de datos terminolóxico que recolle as denominacións galegas recomendadas para diversos conceptos das áreas científicas e técnicas. Foi creado a partir dun baleirado dos termos incluídos nalgunhas das publicacións desenvolvidas por TERMIGAL, corrixido e ampliado para dar cabida a outras áreas de interese, así como tamén aos termos puntuais consultados neste servizo e que xa contan coa aprobación da Comisión de Validación da Real Academia Galega.

É un recurso en fase de desenvolvemento ao que se irán engadindo rexistros e ampliando a información dispoñible con carácter continuado, mais a súa pronta publicación permite dar a coñecer o máis axiña posible as resolucións adoptadas sobre os termos e contribúe deste xeito á difusión das denominacións consideradas preferentes para un gran número de conceptos.

Coa publicación de TERGAL, o Servizo de Terminoloxía Galega (TERMIGAL) pretende ofrecer unha ferramenta que oriente os usuarios das linguaxes de especialidade no emprego correcto da terminoloxía galega, e facilitar a utilización do galego nos campos da ciencia e da técnica. Esperamos que esta base de datos sexa de axuda tanto para a comunidade científico-técnica e académica como para os traballadores nas industrias da lingua e, en xeral, para todos os que nalgún momento da súa actividade necesiten botar man de terminoloxía especializada.

TERMIGAL, así como as institucións que o sosteñen (Real Academia Galega e Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), coa progresiva posta en rede dos seus recursos, queren contribuír deste xeito ao proceso de normalización da lingua galega, e renderlle un servizo á sociedade á que se deben.


HTMLDB_LOW_USER