Rexistros Estatísticas Acerca de

BiRMED    

BiRMED

Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval

ISSN 1989-869X

Versión 2.2.0 Maio 2014 (v2.1 Xaneiro 2010, v2.0 Marzo 2009)

A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos que ten como obxectivo servir como ferramenta de traballo aos estudiosos da literatura galega medieval (lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa María e prosa literaria), facilitando a busca de referencias e o contacto entre a produción científica de distintas áreas xeográficas.

Está constituída por unha interface de buscas que permite recuperar datos a partir de múltiples estratexias. Esta organización permite acceder a unha consulta máis detallada da referencia nunha ficha bibliográfica que inclúe os datos de publicación da mesma e unha serie de palabras clave que pretenden orientar acerca do contido.

Esta base de datos é unha evolución da Bibliografía de Referencia da Lírica Medieval Galego-Portuguesa, BiRMED versión 1.0, publicada en agosto de 2006 (ISSN 1988-0936).

Cómo citar BiRMED

Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) [base de datos en liña]. Versión 2.2.0. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. <http://www.cirp.es/birmed> [Consultada o: data da consulta] (ISSN 1989-869X).

Contacto

Trátase dunha base de datos viva, en continuo movemento, que está aberta ás suxestións dos usuarios para a posíbel incorporación de novas referencias, a través do enderezo de correo electrónico do proxecto Arquivo Galicia Medieval (argamed@cirp.es).

Animamos tamén a todos os investigadores interesados en calquera destes tres núcleos temáticos a que nos axuden a manter a base de datos actualizada, beneficiándose tamén da difusión da súa obra no medio científico, enviándonos unha copia dos traballos de nova publicación para a súa incorporación ao noso arquivo.

Destacamos

Antes de comezar a utilizar esta base de datos, por favor, consulte a documentación dispoñíbel na opción "Documentación" do menú da esquerda.

Para realizar as consultas prema na pestana "Rexistros" na parte superior.

A base de datos está composta por tres grandes núcleos temáticos: a lírica profana (cantigas de amor, amigo e escarnio), a de carácter mariolóxico (as Cantigas de Santa Maria), e a prosa literaria. Por esas mesmas características, o labor de recompilación de datos desenvolveuse en tres tramos, un primeiro no que se deu maior atención á produción relacionada coa lírica profana, un segundo no que se integraron as referencias á obra mariana afonsina, e un terceiro máis recente na que se integraron tamén as referencias prosísticas.