BiRMED
Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval
ISSN 1989-869X
Versión 2.2.1 Maio 2014 (v2.1 Xaneiro 2010, v2.0 Marzo 2009)
A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos que ten como obxectivo servir como ferramenta de traballo aos estudiosos da literatura galega medieval (lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa María e prosa literaria), facilitando a busca de referencias e o contacto entre a produción científica de distintas áreas xeográficas.
Está constituída por unha interface de buscas que permite recuperar datos a partir de múltiples estratexias. Esta organización permite acceder a unha consulta máis detallada da referencia nunha ficha bibliográfica que inclúe os datos de publicación da mesma e unha serie de palabras clave que pretenden orientar acerca do contido.
Esta base de datos é unha evolución da Bibliografía de Referencia da Lírica Medieval Galego-Portuguesa, BiRMED versión 1.0, publicada en agosto de 2006 (ISSN 1988-0936).
Cómo citar BiRMED
Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) [base de datos en liña]. Versión 2.2.1. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. <http://www.cirp.es/birmed> [Consultada o: data da consulta] (ISSN 1989-869X).
Contacto
Trátase dunha base de datos viva, en continuo movemento, que está aberta ás suxestións dos usuarios para a posíbel incorporación de novas referencias, a través do enderezo de correo electrónico do proxecto Arquivo Galicia Medieval (argamed@cirp.es).
Animamos tamén a todos os investigadores interesados en calquera destes tres núcleos temáticos a que nos axuden a manter a base de datos actualizada, beneficiándose tamén da difusión da súa obra no medio científico, enviándonos unha copia dos traballos de nova publicación para a súa incorporación ao noso arquivo. |