Rexistros Estatísticas Acerca de

Preguntas frecuentes    
Como podo saber quen cita un traballo que me interesa?
Entrando na ficha da referencia en cuestión aparecen dous recadros na parte dereita da mesma, o primeiro remite aos traballos que se citan, e o segundo recolle os estudos nos que aparece citado. O que Vde. busca é o segundo, no que atopará unha relación dos traballos incluídos en BiRMED que citan esa referencia (v. Manual de usuario). Lembre, de todos modos, que só existe esta opción para traballos publicados a partir do ano 2003.
Que debo facer para buscar na base manuais ou antoloxías?
A busca de antoloxías e manuais, xunto cos glosarios e recensións, deberase facer seleccionando "En todo o documento" e introducindo as palabras manual ou antoloxía.
Como debo facer para localizar bibliografía sobre un trobador en particular?
Introducindo o número do trobador correspondente do corpus da Lírica profana galego-portuguesa (por exemplo, 25, se busca a D. Denis) co selector "Nas palabras clave".
Como seleccionar a bibliografía sobre prosa ou Cantigas de Santa María?
Introducindo co selector "Nas palabras clave" (combinábeis con outros filtros) Prosa ou CSM obterase o listado correspondente.
É posíbel facer procura de palabras con representación da nasalidade nunha vogal?
Para localizar referencias que conteñan algunha representación de nasalidade debe introducirse o termo sen diacríticos e a aplicación devolverá todos aqueles rexistros que conteñan esa palabra, tanto co signo da nasalidade como sen el. Por exemplo, se quero buscar no campo "Título" o libro Lições de literatura portuguesa, de Lapa, podo introducir liçoes e obterei dito resultado.
Preciso localizar nos títulos dos traballos nomes que conteñan un apóstrofo.
Cando se dá a combinación de palabras unidas por apóstrofo é preciso introducir entre ambas, sen espazos, dous apóstrofos. Por exemplo: Se busco nun dos campos "Afons' Eanes", debo introducir Afons''Eanes.