Logo O nome e o símbolo dos elementos químicos
O nome e o símbolo dos elementos químicos

M. R. Bermejo, A. M. González-Noya, M. Vázquez

(2006)

84-453-4325-4

Prezo:

Páxinas: 104

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Rella, S.L.

Descargar (8 MB)

A historia do home está vencellada de sempre ao seu contorno. As orientacións principais da conceptualización científica do noso contexto material centráronse inicialmente na súa medición (Matemáticas) e instrumentación (Física). Posteriormente, ao longo do século XVII, iníciase a súa análise detallada (cando a Alquimia deu paso á Química), cando, con Lavoisier, se derrubaron as doutrinas herdeiras da mentalidade grega e grazas ás ideas de Berzelius chegouse a un sistema satisfactorio de símbolos para representar os elementos químicos. A partir do século XIX comeza a dárselles oficialmente denominacións a moitos dos elementos, partindo de nomes de planetas, seres mitolóxicos ou de minerarios, propiedades, lugares ou persoas relacionadas co elemento. Moitas veces, un coñecemento destes detalles, que poderían considerarse anecdóticos, permite ampliar a nosa cultura con datos tamén importantes, pero de todos os xeitos, a historia da Química e da orixe dos seus nomes é unha apaixonante aventura que merece ser coñecida e que os autores resumen nun texto ameno e interesante.