CRPIH

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades cumpre 25 anos de existencia. A conmemoración desta efeméride celebrarase coa organización dunha conferencia inaugural, catro xornadas temáticas e unha conferencia de clausura ao longo do ano, nas que se tratará de dar a coñecer ao público: a historia do Centro, a transcendencia da investigación levada a cabo e o recoñecemento da súa centralidade dentro da investigación en humanidades posta de manifesto nos legados de investigadores importantes, dos que o CRPIH é depositario.

Todas as actividades programadas celebraranse no salón de actos do pazo de San Roque, sede do Centro, e son as seguintes:

Conferencia de apertura

19 de marzo de 2018

12,30 horas: conferencia inaugural a cargo de D. Darío Villanueva (Director da Real Academia Española), quen disertará sobre o tema “A voltas coa posverdade”.

O Centro Ramón Piñeiro e a investigación literaria

24-25 de maio de 2018 (duración 12 horas)

Nestes dous días ofrecerase por parte de investigadores do Centro un repaso dos proxectos e estudos literarios levados a cabo ao longo destes 25 anos.

Día 24

  • 11,00-13,30 horas: presentación dos proxectos de ARGAMED (Lírica profana galego-portuguesa, Prosa medieval e Cantigas de Santa María).
  • 13,30-14,30 horas: Debate.
  • 16,30-17,30 horas: Presentación proxectos de Literatura (Informes, Narrativa recuperada, Poesía recuperada, textos xornalísticos).
  • 17,30-18,30 horas: Presentación dicionario de termos a partir de Que se entende por Literatura hoxe.
  • 18,30-19,00 horas: Descanso.
  • 19,00-20,30 horas: Debate.

Día 25

  • 12,00-13,00 horas: Presentación do proxecto "Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil". 25 anos de Literatura infantil e xuvenil.
  • 13,30-14,30 horas: Debate.

O Centro Ramón Piñeiro: a súa creación e a súa importancia examinadas desde ángulos distintos

12 de xullo de 2018 (duración 8 horas)

Nesta xornada tratarase de rememorar o proceso de creación do Centro, a razón do seu nome, a relevancia da súa investigación e a súa proxección internacional.

No programa desta xornada haberá:

  • 10,00-11,00 horas: Siro López: A miña versión de Ramón Piñeiro.
  • 11,00-12,30 horas: Mesa redonda “A posta en marcha e a vida do Centro a través dos seus investigadores”.
  • 12,30-13,30 horas: Mesa redonda: “25 anos do Centro Ramón Piñeiro: unha visión desde o seus responsables políticos”.
  • 13,30-14,00 horas: Visita á exposición das publicacións realizadas polo Centro Ramón Piñeiro nos 25 anos de historia e as mostras dos legados recibidos no Centro para a súa custodia e estudo.
  • 16,30-18,00 horas: Mesa redonda: “O Centro Ramón Piñeiro visto polos bolseiros/as”, á que serán convidadosos bolseiros e bolseiras que pasaron polo Centro desde a súa posta en marcha, para falaren da súa experiencia e da importancia que este período tivo na súa formación.
  • 18,30-19,30 horas: “25 anos de xestión do Centro Ramón Piñeiro vistos polo persoal de administración”.
  • 19,30 horas: clausura da xornada.

O Centro Ramón Piñeiro como recuperador de fondos galegos e depositario de legados. A identidade galega

12 de setembro de 2018 (duración 5 horas)
  • 09,30 horas: Apertura da xornada.
  • 10,00-10,30 horas: Luís Alonso Girgado: “A importacia do Centro Ramón Pileiro na visibilización e accesibilidade de fondos históricos importantes da cultura galega”.
  • 10,30-11,15 horas: Virgilio García Trabazo: “Jürgen Untermann”, unha figura transcendental para o coñecemento da realidade lingüística prerromana na Península Ibérica.
  • 11,30-12,15 horas: Ramón Mariño: “Elixio Rivas, o lingüista apaixonado pola nosa cultura material”.
  • 12,15-13,00 horas: Antón Santamarina: “Aníbal Otero, unha figura clave no coñecemento do léxico e da dialectoloxía galega”.
  • 13,00-13,45 horas: O proxecto “Dimensións da identidade colectiva de Galicia”.
  • 14,00 horas: Clausura da xornada.

O Centro Ramón Piñeiro e a investigación lingüística

14 de novembro de 2018 (duración 8 horas)

Nesta xornada final, farase unha valoración da importancia e da transcendencia dos proxectos no ámbito lingüístico levados a cabo nos 25 anos de vida do Centro, con especial atención a:

  • 10,00-10,30 horas: Tradutor automático español-galego (Es-Gl)
  • 10,45-11,15 horas: Sintetizador de voz en galego (Cotovía)
  • 11,30-12,00 horas: Bibliografía informatizada da lingua galega (BILEGA)
  • 12,15-12,45 horas: Corpus de referencia do galego actual (CORGA)
  • 13,00-13,30 horas: Corpus documentale latinum Gallaeciae (CODOLGA)
  • 16,30-17,00 horas: Base de datos do ALiR
  • 17,15-17,45 horas: O Dicionario italiano-galego
  • 18,00-18,30 horas: Os traballos terminolóxicos
  • 18,45-19,15 horas: Os traballos no ámbito da fraseoloxía
  • 19,30 horas: Clausura da xornada

Conferencia de clausura

19 de novembro de 2018

Conferencia de clausura a cargo de D. Guillermo Rojo (tesoureiro da Real Academia Española): hora e título por determinar.

Inscrición

Para asistir ás xornadas temáticas, cómpre inscribirse. A folla de inscrición pode atopala [aquí] e achegala mediante un correo electrónico ao enderezo crpih@cirp.gal, por correo postal á sede do Centro (rúa San Roque, nº 2. 15705 Santiago de Compostela) ou presencialmente na mesma sede. O prazo para a inscrición é ata o 15 de maio. As prazas son limitadas (100 prazas) e atenderanse por rigorosa orde de chegada. A asistencia xustificarase mediante a expedición dun certificado onde se indicará o número de horas.

Toda esta información é provisoria e irase actualizando se fose preciso.

O Centro Ramón Piñeiro e a investigación literaria

24-25 de maio de 2018 (duración 12 horas)

Nestes dous días ofrecerase por parte de investigadores do Centro un repaso dos proxectos e estudos literarios levados a cabo ao longo destes 25 anos.