CRPIH

Proceso de revisión e aceptación de orixinais

  1. CFG só admite traballos orixinais e inéditos.

  2. CFG funciona co sistema de dobre revisión anónima. A data límite para o envío de traballos potencialmente publicables no ano en curso é o 1 de marzo. Os artigos recibidos ata esta data que, a xuízo do Consello de Redacción, cumpran os requisitos mínimos para a súa publicación, remitiranse en forma anónima a dous revisores expertos, que deberán emitir un informe tamén anónimo sobre

    1. coherencia cos intereses temáticos de CFG;
    2. adecuación ós criterios de calidade de CFG;
    3. orixinalidade, relevancia, adecuación da metodoloxía, adecuación das conclusións, presentación da información, explotación de bibliografía;
    4. recomendación sobre publicación total, total con modificacións ou sobre o seu rexeitamento.
  3. Os artigos publicaranse se os dous informes son positivos. Se só unha das avaliacións recomenda a publicación, os traballos remitiranse a un terceiro informante, de tal xeito que a súa valoración será definitiva.

    Se os informes recomendaren a publicación condicionándoa a que o autor ou autora introduza certas modificacións, estes deberán realiza-las oportunas modificacións no prazo de dez días (ou, en todo caso, antes do 1 de maio) ou, en caso de tal, presenta-las alegacións ós cambios indicados.

  4. En recibindo os traballos modificados, o Consello de Redacción deberá acorda-la súa aceptación ou o rexeitamento definitivo. O último día para a notificación da aceptación ou do rexeitamento por parte do Consello de Redacción é o 15 de maio.

  5. Os editores dos traballos poderán alterar levemente os traballos recibidos co único obxectivo de corrixir erros mecánicos ou lingüísticos.

INSTRUCIÓNS PARA OS REVISORES: Sección Estudos

Obxectivo da revisión

O obxectivo da revisión é determinar se o artigo avaliado posúe o interese e a calidade suficientes para ser publicado, con ou sen modificacións, en Cadernos de fraseoloxía galega, ou se pola contra, debe ser rexeitado.

Enfoques da revisión

Interese temático

Na sección Estudos de Cadernos de fraseoloxía galega publicaranse artigos de investigación orixinais sobre fraseoloxía, aceptándose tanto reflexións teóricas como traballos aplicados (tradución, didáctica…). O revisor debe ter en conta, por unha banda, que o corpus de análise pode ser o repertorio fraseolóxico de calquera lingua e, por outra banda, que o termo fraseoloxía se entende nun sentido amplo, dando cabida non só ás locucións, senón tamén ás colocacións, aos termos compostos sintagmáticos e ás paremias. Tendo isto en consideración, o revisor deberá indicar se o artigo obedece ou non aos criterios temáticos de publicación.

Calidade

O revisor deberá indicar así mesmo se o artigo reúne os requisitos mínimos de calidade para ser merecente de publicación. A este respecto deberá ter en conta os seguintes aspectos:

  • Orixinalidade e relevancia: o autor fai unha achega nova e relevante para o campo investigado?
  • Adecuación da metodoloxía: o autor emprega unha metodoloxía axeitada?
  • Adecuación das conclusións: están plena e axeitadamente xustificadas as conclusións do traballo a partir dos datos expostos?
  • Presentación da información: o autor organiza e expón a información axeitadamente?
  • Explotación da bibliografía: o autor emprega para a súa investigación a bibliografía precisa?, é adecuada a discusión bibliográfica?

Presentación da revisión

O revisor deberá cubrir o formulario que acompaña estas instrucións. De acordo co exposto, deberá indicar e xustificar se o traballo se axusta aos intereses temáticos da revista. Só no caso de que a resposta sexa positiva, deberá indicar e xustificar tamén se o traballo se axusta aos criterios de calidade da revista.

Aínda que os criterios de calidade foron desdobrados en varios aspectos, que deben ser atendidos na revisión e comentados no informe, o avaliador poderá organizar libremente a súa exposición. En calquera caso, agradecemos que todas as apreciacións realizadas, sexan positivas ou negativas, se xustifiquen debidamente. Tamén sería aconsellable que, na súa argumentación, o avaliador diferenciase entre observacións fundamentais e observacións secundarias.

Os comentarios do revisor deben vincularse cunha toma de decisión sobre a publicación do traballo. Deste xeito, deberá indicar se o artigo

  1. pode publicarse sen modificacións,
  2. pode publicarse, pero con modificacións menores,
  3. pode publicarse, pero con importantes modificacións,
  4. non se pode publicar.

No caso de que as opcións marcadas sexan b) ou c), o revisor deberá explicar con claridade cales son os cambios que se deben realizar para que o traballo poida ser publicado. Esa explicación deberá ir acompañada da correspondente xustificación ou da correspondente remisión aos comentarios verbo da calidade do artigo.

Estilo da revisión

O informe debe ser claro e preciso. Rogamos que sexa especialmente nidio na exposición dos aspectos que cómpre modificar para que o artigo se poida publicar e que ofreza a referencia completa de calquera traballo ao que remita.

De por parte, lembrámoslle que un dos obxectivos fundamentais dos procesos de revisión é contribuír a mellorar a calidade dos traballos a través da crítica construtiva. Neste sentido, pregámoslle que atenda a este cualificativo e que evite expresións acerbas que poidan desanimar os autores dos traballos no seu proceso investigador (pense que o artigo pode ser da autoría dun investigador que se está iniciando e que vostede, coa súa revisión crítica e construtiva, pode axudalo a mellorar ou reconducir aspectos básicos do seu método de traballo).

Proceso da revisión

O avaliador debe remitir o formulario de revisión á Secretaría de Redacción (maria.alvarez.delagranja@usc.es) no prazo máximo de quince días desde a recepción do traballo. Cada artigo será enviado a dous revisores e só en caso de discrepancia entre eles se remitirá a un terceiro, cuxo ditame será definitivo. A Secretaría de Redacción comunicaralles aos autores a aceptación (provisional, isto é, suxeita a modificacións, ou definitiva) das colaboracións ou o seu rexeitamento. A comunicación realizarase mediante un informe razoado elaborado pola Secretaría de Redacción a partir dos formularios entregados polos avaliadores. Eventualmente poderán incluírse estes na súa versión íntegra.

Se o traballo é provisionalmente aceptado, a Secretaría de Redacción da revista deberá incluír no seu informe unha listaxe coas suxestións dos avaliadores. O autor terá un prazo máximo de quince días para realizar as oportunas modificacións ou, no seu caso, as alegacións aos cambios solicitados. A revista, de súa vez, terá un prazo máximo de sete días desde a recepción do traballo modificado, ou das alegacións, para notificar a aceptación ou o rexeitamento definitivo deste. Puntualmente, a Secretaría de Redacción poderá remitir o traballo modificado aos avaliadores para que estes informen sobre a adecuación das modificacións realizadas aos cambios solicitados. Así mesmo, poderán enviarse as alegacións presentadas polo autor para que os avaliadores xustifiquen positiva ou negativamente a súa pertinencia.

O sistema de arbitraxe é de dobre anonimato, de xeito que nin os autores dos traballos deben coñecer o nome dos seus avaliadores nin os avaliadores deben coñecer o nome dos autores. Por tal motivo, pregamos que no informe non inclúa ningún comentario que poida desvelar a súa identidade.

INSTRUCIÓNS PARA OS REVISORES: Sección Recadádivas

Obxectivo da revisión

O obxectivo da revisión é determinar se o artigo avaliado posúe o interese e a calidade suficientes para ser publicado, con ou sen modificacións, en Cadernos de fraseoloxía galega, ou se pola contra, debe ser rexeitado.

Enfoques da revisión

Interese temático

Na sección Recadádivas *de *Cadernos de fraseoloxía galega publicaranse recolleitas orixinais de fraseoloxía galega, tendo en consideración que o termo fraseoloxía se entende nun sentido amplo, dando cabida non só ás locucións, senón tamén ás colocacións, aos termos compostos sintagmáticos e ás paremias. O revisor deberá indicar se o artigo obedece ou non aos criterios temáticos de publicación.

Calidade

O revisor deberá indicar así mesmo se o artigo reúne os requisitos mínimos de calidade para ser merecente de publicación. A este respecto deberá ter en conta os seguintes aspectos:

  • Presentación das unidades recollidas: o autor ofrece un criterio organizativo das expresións? As expresións están correcta e sistematicamente lematizadas? No seu caso, as definicións están correcta e sistematicamente presentadas?
  • Información: o autor ofrece todos os datos relevantes relativos á recolleita (metolodoxía, coordenadas espazo-temporais, criterios de selección…)?
  • Metodoloxía: o autor emprega unha metodoloxía axeitada no que atanxe á recolleita e selección das expresións?