CRPIH

Anexos de Cadernos de Fraseoloxía Galega

No ano 2003 Cadernos de Fraseoloxía Galega fixou a súa estrutura, o contido misceláneo, a periodicidade anual e mailos obxectivos de difusión internacional selectiva. Nese ano dediciuse separa-los números monográficos que veñen contendo recadádivas de fraseoloxía galega de relevante interese, coma tal o Anexo1, 2007. Quere dicir que nese ano 2003 inícianse os numeros anuais de contido misceláneo, estrutura fixa e cadencia anual (que empezaron a ser sistemáticos co CFG6,2004) que teñen ISSN 1698-7861. Anteriormente houbera catro números monográficos do tipo (CFG1,2000; CFG2,2000; CFG3,2003; CFG5,2003). No sucesivo un número monográfico seguirá o sistema de Anexos de CFG e terá un ISSN específico.