CRPIH

  1. Cadernos de Fraseoloxía Galega, como queda dito, fixo dúas edicións ata o número 17: a primeira en papel e, seis meses despois, en formato electrónico en www.cirp.gal. A partir do número 18, só se publica en liña (páxina web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, de Santiago de Compostela).

  2. Cadernos de Fraseoloxía Galega figura en elencos bibliográficos e páxinas de referencia de diferentes países que manteñen hiperenlaces a esta revista, como se especifica na páxina de créditos.

  3. Ó publicar en Cadernos de Fraseoloxía Galega, o autor cede tódolos dereitos de explotación do seu artigo ó Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é o titular do copyright. Esta titularidade concede ó dito Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades o dereito para todo o mundo a:

    1. publica-la versión final do artigo na revista e distribuílo e/ou comunicalo publicamente, tanto na revista en si coma noutros medios relacionados, en formato impreso, dixital ou calquera outro que poida inventarse no futuro;
    2. traducir ou realizar resumos / abstracts do artigo e distribuílos e/ou comunicalos publicamente, e autorizar ou ceder a terceiros o mesmo dereito;
    3. depositar copias ou referencias do artigo en arquivos en liña tanto en plataformas propias do devandito Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades de Santiago de Compostela coma en plataformas de terceiros autorizadas polo devandito Centro.
  4. As Universidades ou as Sociedades Científicas que o soliciten expresamente poderán incluír nos seus repositorios un ou varios artigos sempre que, ademais, cumpran estas dúas condicións:

    1. que o texto (incluído o formato) sexa exactamente o de Cadernos de Fraseoloxía Galega;
    2. que sempre estea clara e íntegra a referencia bibliográfica (revista, número, ano, páxinas, ISSN; etc.).