CRPIH

Avisos

  • Nova indexación (agosto 2021)

    Cadernos de Fraseoloxía Galega vén de ser indexada no prestixioso índice DOAJ (Directory of Open Access Journals). Esta base de datos de carácter independente e sen ánimo de lucro ten como obxectivo aumentar a visibilidade e o acceso a revistas académicas de acceso aberto que superen o seu esixente control de calidade, no que se avalían os seus estándares e prácticas editoriais. Esta nova indexación é unha moi boa noticia para CFG, pois supón un recoñecemento a súa calidade editorial e científica, así como un notable revulsivo para o seu impacto internacional.

  • Indexación da revista en I2OR (xullo 2021)

    A institución internacional I2OR (International Institute of Organized Research), que ten o obxectivo de incrementar a visibilidade de revistas científico-académicas de acceso aberto, comunícanos a inclusión de Cadernos de Fraseoloxía Galega na súa base de datos.

  • Cambio na licenza

    Co obxectivo de aumentar o impacto académico da revista, Cadernos de Fraseoloxía Galega vén de adoptar a licenza CC-BY-NC-ND de Creative Commons, a máis similar á licenza aplicada ata o número 20. Para máis información, por favor, consulte “Aviso dos dereitos de autoría”.

  • Identificador DOI e código ORCID

    Cadernos de Fraseoloxía Galega conta, dende o número 21, co identificador DOI (Digital Object Identifier), un paso máis para alcanzar unha maior calidade nas nosas publicacións e, polo tanto, un maior impacto da revista. Neste primeiro número no que se aplica, o 21, 2019, contarán co DOI o número xeral, os artigos e mais a recadádiva. Non obstante, a partir do número 22, 2020, levarán DOI todas as contribucións: dende os artigos e recadádivas ata as recensións.

    Por outra parte, a inclusión do DOI tamén conleva a presenza do ORCID das autoras e autores. Por iso, a partir de agora as publicacións de CFG levarán, xunto á institución e o correo electrónico, este código identificativo de carácter gratuíto que pode crearse na seguinte ligazón: https://orcid.org/

  • Novo número publicado (CFG21)

    O número 21 da revista acaba de ser publicado. Pode consultarse en Números publicados.