CRPIH

Sobre a revista

Enfoque e alcance

Cadernos de Fraseoloxía Galega (CFG) é unha revista de temática fraseolóxica editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRPH) que posúe tres obxectivos fundamentais:

  1. contribuír á reflexión sobre o ámbito fraseolóxico;
  2. difundir materiais fraseolóxicos galegos inéditos, e
  3. dar a coñece-los eventos e as publicacións máis importantes verbo da fraseoloxía, moi especialmente da fraseoloxía galega.

Debe terse en conta que se entende o termo “fraseoloxía” nun sentido amplo, dando cabida non só ás locucións, senón tamén ás colocacións, ós termos compostos sintagmáticos e ás paremias. De acordo con estes obxectivos, a revista subdivídise en catro seccións:

  1. Estudos: publicaranse artigos de investigación orixinais sobre fraseoloxía, aceptándose tanto reflexións de corte esencialmente teórico como traballos aplicados (tradución, didáctica, fraseografía…). O corpus de análise pode se-lo repertorio fraseolóxico de calquera lingua.
  2. Recadádivas: publicaranse recolleitas orixinais de fraseoloxía galega.
  3. Recensións: publicaranse recensións críticas orixinais de obras recentes de temática fraseolóxica.
  4. Novas: daranse a coñecer congresos, proxectos, traballos e publicacións (obras recibidas na redacción) relacionados co ámbito fraseolóxico. Farase fincapé na difusión de traballos académicos inéditos.

A lingua de publicación é a galega seguindo as normas da Real Academia Galega. Non obstante, os artigos que cheguen á redacción poden estar escritos en calquera lingua románica da Península Ibérica, en francés, en italiano ou en inglés. Excepcionalmente, admitiranse artigos en alemán ou en ruso. Cando un artigo supere o proceso de revisión e resulte aceptado, a revista ofrecerá un servizo gratuíto de tradución ó galego.

Cadernos de Fraseoloxía Galega ten unha periodicidade anual e ata o seu número 17 contaba con dúas edicións: a primeira, en papel no último mes do ano; a segunda, en formato electrónico, a partir de xullo do ano seguinte. A partir do número 18, só se publica en liña. Tódolos artigos publicados poden consultarse en PDF en http://www.cirp.gal/

O impacto da revista é internacional, pois conta co apoio de máis de 190 fraseólogos de 25 países e, ademais, está indexada en: CARHUS CIRBIC CIRC COPAC DIALNET DICE DOAJ DULCINEA ERIH-PLUS GOOGLE-SCHOLAR I2OR ISOC JISC LATINDEX LINGUISTIC-BIBLIOGRAPHY-ONLINE MIAR MLA REBIUN RESH SUDOC-ABES WORLDCAT .

Política de acceso aberto

Seguindo o principio de que a investigación posta á disposición do público gratuitamente contribúe a un maior intercambio de coñecemento global, Cadernos de Fraseoloxía Galega presenta unha política de acceso aberto (“Open Access”). En consecuencia, todo o seu contido é de libre acceso inmediato, sen costes para o usuario ou para a institución á que pertence.

Cadernos de Fraseoloxía Galega opera baixo a licenza CC-BY-NC-ND, a cal obriga a citar a autoría e a publicación do artigo en caso de copia ou distribución e impide tanto o seu uso con fins comerciais como a distribución de material derivado. Ademais, pasados seis (6) meses dende a publicación da contribución, os autores e autoras poderán reutilizar a súa obra de forma non comercial. Pódense consultar os dereitos de autoría no apartado “Aviso de dereitos de autoría”.

Frecuencia de publicación

A revista ten unha periodicidade anual.

Financiamento

No caso de que a contribución recibise algún tipo de financiamiento (bolsa, axuda, proxecto, etc.), deberá sinalarse de forma expresa nunha nota ao pé ou engadindo unha sección de agradecementos onde se mencione a axencia de financiamiento, o código do proxecto de investigación, etc.

Proceso de avaliación por pares cegos

Seguindo o protocolo habitual das publicacións académicas, as contribucións serán sometidas a un sistema de revisión por pares cegos realizada por dous avaliadores cegos anónimos externos, que asesorarán ao equipo editorial sobre a pertinencia da publicación. No caso de que suxiran melloras, estes deberán aceptar as modificacións realizadas polos autores antes de que as contribucións se acepten definitivamente. Así mesmo, o equipo editorial velará para conservar o anonimato dos/as autores/as e revisores/as en todo o proceso. Para máis información sobre a avaliación por pares, pode consultar a sección “Envíos”.

Asegurando unha revisión por pares cegos

Para asegurar a integridade da revisión por pares cegos dun envío, deberán tomarse as precaucións pertinentes para preservar a identidade dos/as autores/as, revisores/as e editores/as. Isto implica que, antes de cargar calquera documento, haxa que comprobar se se seguiron os seguintes pasos:

  1. As/os autoras/es dunha contribución proposta para publicación deberán eliminar o seu nome, institución, email de contacto e calquera outra información identificativa, deixando só o contido necesario da contribución proposta: título, resumo, palabras clave, texto, etc. No caso de que o/a autor/a da contribución cite outros artigos ou libros propios, deberá falar de si mesmo/a en terceira persoa e poñer a información bibliográfica no apartado de referencias como se fose calquera outro autor citado, de modo que o/a autor/a da contribución non sexa identificable.

  2. Os/as revisores/as e editores/as tamén deberán eliminar calquera información identificativa do contido dos arquivos que precisen compartir durante o proceso de revisión ou edición.

  3. No caso dos documentos creados con Microsoft Office, a identificación de autores/as, revisores/as e editores/as tamén se deberá eliminar das propiedades do arquivo a través do menú principal da aplicación de Microsoft, seleccionando: Arquivo > Gardar como > Ferramentas > Opcións de seguridade > Ao gardar eliminar a información persoal das propiedades do arquivo > Gardar. No caso de documentos PDF, tamén se deberán eliminar os nomes dos/as autores/as, revisores/as e editores/as das propiedades do documento. Para iso, é necesario acceder ao menú principal de Acrobat.

Política antiplaxio

Cadernos de Fraseoloxía Galega só acepta traballos inéditos para garantir a orixinalidade das contribucións. O equipo editorial tomará medidas para identificar e evitar a publicación de artigos onde se producira unha mala conduta na investigación, para en ningún caso fomentar estas malas prácticas nin tampouco permitilas. No caso de que o equipo editorial sexa informado de calquera denuncia de mala práctica na investigación, a directora tratará as devanditas denuncias de forma axeitada. Como é obvio, o plaxio é unha práctica fraudulenta e está estritamente prohibida. Os textos que se identifiquen como plaxiados serán eliminados da revista, se xa foran publicados, ou non se publicarán. Para máis información, por favor, consulte a sección Etica.

Política de arquivo

Co obxectivo de garantir a conservación a longo prazo de Cadernos de Fraseoloxía Galega, a revista está arquivada na Libraría Institucional da Xunta de Galicia.