nobody Axuda Saír
Inicio Buscas simples Buscas avanzadas
Inicio
 
Inicio
Acerca de MedDB
Créditos
Termos de uso
Histórico de actualizacións
Preguntas frecuentes
Documentación
Ligazóns de interese
 


MedDB

Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa

Esta base de datos pon a disposición dos especialistas e do público interesado o corpus completo das cantigas dos trobadores galego-portugueses. MedDB ofrece agora unha nova versión, que, entre outras novidades, inclúe as trascricións das Notas coloccianas e das Rúbricas explicativas presentes nos testemuños manuscritos. Ademais, ampliouse o espectro de campos de busca e actualizáronse tanto as edicións críticas dunha gran parte do corpus coma a información para as cantigas e trobadores en función dos avances progresivos da produción científica.

Na opción Buscas simples, pódense ver directamente -sen necesidade de introducir nome de usuario nin contrasinal- os textos das cantigas e as informacións biográficas dispoñibles para os autores.

Na opción Buscas avanzadas, o usuario poderá realizar pescudas concretas e complexas para obter información detallada tanto das composicións coma dos aspectos histórico-biográficos dos trobadores.

Para facilitar as consultas, convén ter en conta a información facilitada nas caixas de axuda, que se despregan premendo nas ligazóns habilitadas na cabeceira e sobre os nomes de cada campo de busca.

Así mesmo, infórmase aos usuarios que se van introducindo de maneira progresiva novidades tanto na base de datos coma no apartado destinado a "Documentación" (menú da esquerda), no que se poden consultar xa o Manual de uso de MedDB, a bibliografía citada na base de datos e varios índices de interés (como é o caso dos particulares de cada cancioneiro, e un índice xeral que contén todos os textos seguindo a orde que presentan nos códices).

In memoriam Fernando Magán, por facer posible esta base de datos

Miniatura


Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB). (ISSN 1989-4546)