nobody Axuda Saír
Inicio Buscas simples Buscas avanzadas
Inicio > Preguntas frecuentes
 
Inicio
Acerca de MedDB
Créditos
Termos de uso
Histórico de actualizacións
Documentación
Preguntas frecuentes
 


Preguntas frecuentes
Interésame buscar a forma qu’en todas as cantigas de amor. Como podo facer?
Situándose na pantalla de “Cantigas”, o usuario deberá encher os seguintes campos: en primeiro lugar, no campo “Categoría” escribirase a letra A (abreviatura que se emprega para as cantigas de amor). De seguido, introducirase o termo qu, sen apóstrofe, no campo “Texto da cantiga” e premerase en “Buscar”. A base devolverá a información desexada.
Como podo facer para buscar todas as formas de senhor que recollen as cantigas galego-portuguesas?
Na pantalla “Cantigas” teremos que introducir no campo “Texto da cantiga” o termo senhor empregando o comodín %, deste xeito: se%or. Este comodín permite buscar termos de lonxitude variábel con comezo e final determinado, de tal xeito que a base devolverá todas as cantigas que conteñan termos relacionados, tales como “senhor”, “sennor” e “señor”; aínda que tamén “servidor”. Deste xeito, teremos que consultar cada un dos resultados para seleccionar todas aquelas que nos interesen en cada caso. Outra opción sería escribir "sen_or", o que devolvería "señor" e "sennor", pero non "señor", que habería que buscalo a parte.
Como teño que facer para buscar todas aquelas cantigas de amigo que presenten os termos amor e coita?
Para facer buscas en que aparezan dous termos á vez no mesmo campo o usuario deberá empregar o operador &. Así, ten que introducir no campo “Categoría” a abreviatura M (que é a que se emprega para as cantigas de amigo), e no campo “Texto da cantiga” a forma: amor & coita. Tras premer no botón “Buscar” a base devolverá a información desexada.
Permite a base buscar vocais nasais, como por exemplo o ẽ, no texto das cantigas?
Na sección de “Buscas” optouse por solucionar o problema dos diacríticos dun xeito homoxéneo, polo a base non permite a busca selectiva dun til en concreto. Así, se se quere buscar algunha vogal nasal (por exemplo o ‘ẽ’), deberase introducir na pantalla "Cantigas", no campo “Texto da Cantiga”, a vogal desexada -neste caso o e- sen ningún tipo de trazo. A base devolverá aquelas cantigas que conteñan esta vogal, tanto as que presentan nasalidade coma as que non. Terase que consultar cada un dos resultados para seleccionar aqueles que presenten a vogal nasal.
Como teño que facer para buscar palabras con variedade gráfica como “dereito / dereyto” nas cantigas?
Situádose na pantalla “Cantigas”, o usuario deberá empregar o comodín _ (guión baixo), pois este permite a substitución dun carácter en concreto por un espazo no que pode figurar calquera carácter. Deste xeito, no campo “Texto da Cantiga” introduciremos a forma dere_to. A base devolverá todas aquelas cantigas que presenten as variantes do termo, tales como “dereito” e “dereyto”.
Como podo facer para procurar só cantigas dun determinado xénero ou modalidade xenérica?
Para iso é necesario introducir a abreviatura pertinente no recadro “categoría”. A listaxe de abreviaturas pódese consultar na caixa de axuda que se desprega ao premer na palabra "Categoría", ou na axuda xeral que se habilita ao premer sobre a icona "?" situada na esquina superior esquerda de cada pantalla.
Como podo facer para atopar todas as cantigas que conteñan “amor” no íncipit?
Para procurar cantigas cunha palabra determinada no íncipi hai que escribir esta palabra co comodín % (que permite substituír cadeas de texto de lonxitude variable) tanto diante coma detrás da palabra no campo "íncipit", mediante a forma: %amor%. Deste xeito, a base devolverá todas as cantigas que conteñan o termo desexado no íncipit.
Como podo localizar todas as cantigas que presenten algún tipo de refrán inicial?
O usuario deberá situarse na pantalla “Estrofas”, e seleccionará no campo “Tipo Estrofa”, situado no apartado de "Filtros", unicamente a opción “Refrán inicial”. Tras premer sobre o botón ”Buscar” a base devólvenos a información requirida.
Como podo buscar todos os versos de rima feminina (grave) nas cantigas?
A base de datos permite a busca dun determinado esquema métrico con distinción de rimas masculinas e femininas, de tal xeito que, situándose na pantalla “Estrofas”, o usuario deberá introducir no campo “Esquema métrico” o esquema que desexe buscar, por exemplo, o 7’ 7 7’ 7, mediante a seguinte forma: 7’’7 7’’ 7; é dicir, hai que duplicar o apóstrofe para que a base procese a busca de rimas femininas.
Como podo saber o número total de versos / estrofas / cantigas que ten o corpus da lírica profana galego-portuguesa?
MedDB é unha base de datos que contén o corpus completo das cantigas dos trobadores galego-portugueses, recollido en tres táboas principais: a táboa das cantigas contén 1691 rexistros que recollen a información completa de cada cantiga. Na táboa das estrofas atopamos 5927 rexistros que recollen a información de cada estrofa de cada cantiga; e a táboa dos versos contén 34224 rexistros que se corresponden a cada un dos versos de todas as cantigas. Non obstante, na parte lateral esquerda da pantalla inicial pódese acceder ao apartado de Documentación. Nel, entre outras cousas, ofrécese o manual de uso da base, onde se recollen, entre outras cousas, informacións relativas a aspectos teóricos e técnicos, así como exemplos de uso da base, o número total de versos, estrofas e cantigas que conforman o corpus.

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB). (ISSN 1989-4546)