ISSN 1989-4546
Versión 3.5 Novembro 2018 (v3.0 21 de xuño de 2016, v2.0 Maio de 2008, v1.0 13 de maio de 1998)
A Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB) é un recurso electrónico que pon a disposición dos investigadores e interesados na lírica medieval o corpus completo das cantigas dos trobadores galego-portugueses, proporcionando unha información seleccionada e estruturada que avala a efectividade das buscas, tanto nas composicións coma nos aspectos histórico-biográficos dos trobadores.
Esta terceira versión (2016) actualiza e mellora sensiblemente as anteriores (dispoñibles na rede desde o ano 1998), pois permite ampliar a variedade de buscas. O usuario conta con dúas opcións para acceder ao corpus:
A base de datos MedDB está enmarcada no Arquivo Galicia Medieval do Centro 'Ramón Piñeiro' para a Investigación en Humanidades e as súas continuas melloras e actualizacións están vinculadas tamén a unha serie de proxectos subvencionados tanto polo Plan Nacional de I+D+i (HUM2005-01300, FFI2008-05481, FFI2011-26785, FFI2012-37355, FFI2015-68451-P) coma pola Xunta de Galicia (PGIDIT03SIN20401PR, PGIDIT06CSC20401PR, 09SEC023204PR).
Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB) [base de datos en liña]. Versión 3.5. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. <http://www.cirp.gal/meddb> [Consultada o: data da consulta] (ISSN 1989-4546).
Se vostede atopa algún erro, tanto no sistema de consultas coma nos propios datos subministrados acerca das cantigas, por favor, fáganolo saber a través do correo electrónico argamed@cirp.gal.
Cando teña unha dúbida, convén que recorra á información facilitada nas caixas de axuda -que se despregan premendo nos enlaces habilitados sobre o nome dos campos de busca- ou á opción Preguntas frecuentes. Se non consigue resolvela ou desexa facer unha consulta específica, pode escribir unha mensaxe ao enderezo anteriormente indicado.