nobody Axuda Saír
Inicio Buscas simples Buscas avanzadas
Inicio > Acerca de MedDB
 
Inicio
Acerca de MedDB
Créditos
Termos de uso
Histórico de actualizacións
Documentación
Preguntas frecuentes
 


Acerca de MedDB

MedDB

Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa

ISSN 1989-4546

Versión 3.3 Novembro 2017 (v3.0 21 de xuño de 2016, v2.0 Maio de 2008, v1.0 13 de maio de 1998)

A Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB) é un recurso electrónico que pon a disposición dos investigadores e interesados na lírica medieval o corpus completo das cantigas dos trobadores galego-portugueses, proporcionando unha información seleccionada e estruturada que avala a efectividade das buscas, tanto nas composicións coma nos aspectos histórico-biográficos dos trobadores.

Esta terceira versión (2016) actualiza e mellora sensiblemente as anteriores (dispoñibles na rede desde o ano 1998), pois permite ampliar a variedade de buscas. O usuario conta con dúas opcións para acceder ao corpus:

  • Buscas simples: se selecciona esta opción atopará os textos das cantigas, recollidos das edicións de referencia, e a información biográfica dos trobadores. Para acceder a esta opción de busca non se precisa introducir o nome de usuario nin a chave de acceso.
  • Buscas avanzadas: nesta opción establécense catro niveis para procuras, cantiga, estrofa, verso e trobador. Cada un destes niveis conta cun grande espectro de campos, ampliado nesta versión, o que axudará a aguzar as consultas en función dos intereses concretos de cada usuario. Engadíronse as rúbricas explicativas, así como as transcricións e explicacións das notas coloccianas transmitidas nos apógrafos italianos e, en breve prazo, poderán ser consultadas tamén as transcricións paleográficas de todos os testemuños, que permitirán buscas de carácter lingüístico e filolóxico. O acceso a esta opción de busca só é posible para os usuarios rexistrados.

A base de datos MedDB está enmarcada no Arquivo Galicia Medieval do Centro 'Ramón Piñeiro' para a Investigación en Humanidades e as súas continuas melloras e actualizacións están vinculadas tamén a unha serie de proxectos subvencionados tanto polo Plan Nacional de I+D+i (HUM2005-01300, FFI2008-05481, FFI2011-26785, FFI2012-37355, FFI2015-68451-P) coma pola Xunta de Galicia (PGIDIT03SIN20401PR, PGIDIT06CSC20401PR, 09SEC023204PR).

Como citar MedDB

Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB) [base de datos en liña]. Versión 3.3. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. <http://www.cirp.gal/meddb> [Consultada o: data da consulta] (ISSN 1989-4546).

Contacto

Se vostede atopa algún erro, tanto no sistema de consultas coma nos propios datos subministrados acerca das cantigas, por favor, fáganolo saber a través do correo electrónico argamed@cirp.gal.

Cando teña unha dúbida, convén que recorra á información facilitada nas caixas de axuda -que se despregan premendo nos enlaces habilitados sobre o nome dos campos de busca- ou á opción Preguntas frecuentes. Se non consigue resolvela ou desexa facer unha consulta específica, pode escribir unha mensaxe ao enderezo anteriormente indicado.


Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB). (ISSN 1989-4546)