nobody Axuda Saír
Inicio Buscas simples Buscas avanzadas
Inicio > Ligazóns
 
Inicio
Acerca de MedDB
Créditos
Termos de uso
Histórico de actualizacións
Preguntas frecuentes
Documentación
Ligazóns de interese
 


Ligazóns de interese
BiRMED - Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval.
A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos que ten como obxectivo servir como ferramenta de traballo aos estudiosos da literatura galega medieval (lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa María e prosa literaria), facilitando a busca de referencias e o contacto entre a produción científica de distintas áreas xeográficas.
Responsable do recurso: Mercedes Brea, Elvira Fidalgo e Pilar Lorenzo
URL: http://www.cirp.gal/birmed
Información adicional de interese: ISSN 1989-869X
GLOSSA - Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa.
GLOSSA é un repertorio lexical dicionarizado, contextualizado e exhaustivo do corpus completo da lírica profana galego-portuguesa. Xa está a funcionar vinculado directamente aos textos da lírica profana galego-portuguesa, pois foi incorporado ao Universo Cantigas (http://universocantigas.gal), a onde glossa.gal será tamén redireccionado en breve.
Responsable do recurso: Manuel Ferreiro - manuel.ferreiro@udc.gal
URL: http://glossa.gal
DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval.
O Dicionario de dicionarios do galego medieval (DDGM) recompila as entradas de 22 obras lexicográficas do período medieval, facilitando información sobre 62.293 lemas. Este repertorio, publicado orixinalmente só en CD-ROM, foi compilado, transcrito e anotado no ILG baixo a dirección de Ernesto González Seoane. A versión web do DDGM, revisada e ampliada respecto á versión en CD-ROM, foi publicada en 2006 grazas a un acordo de colaboración entre o ILG e o SLI (http://sli.uvigo.gal) da Universidade de Vigo.
Responsable do recurso: Xavier Gómez Guinovart - xgg@uvigo.gal
URL: http://sli.uvigo.gal/DDGM/
Información adicional de interese: O DDGM forma parte da plataforma RILG (http://sli.uvigo.gal/RILG/) de recursos integrados da lingua galega para a investigación lingüística.
BITAGAP - Bibliografia de Textos Antigos Galegos e Portugueses.
BITAGAP (Bibliografía de Textos Antigos Galegos e Portugueses), unha base de datos do proxecto PhiloBiblon, consta dun catálogo unificado de todos os textos orixinariamente compostos en galego-portugués, portugués e galego ou traducidos a estes idiomas durante o período medieval.
Responsable do recurso: Arthur L-F. Askins (Director) - alfa@berkeley.edu, Harvey L. Sharrer (responsable para bibliografía secundaria) - sharrer@ucsb.edii
URL: http://bancroft.berkeley.edu/philobiblon/bitagap_ga.html, http://philobiblon.upf.edu/philobiblon/bitagap_ga.html
Información adicional de interese: ISSN de PhiloBiblon: 1096-66-09
Projeto LITTERA. Cantigas medievais galego-portuguesas.
Este recurso disponibiliza, aos investigadores e ao público em geral, a totalidade das cantigas medievais presentes nos cancioneiros galego-portugueses, as respetivas imagens dos manuscritos e ainda a música (quer a medieval, quer as versões ou composições originais contemporâneas que tomam como ponto de partida os textos das cantigas medievais). A base inclui ainda informação sucinta sobre todos os autores nela incluídos, sobre as personagens e lugares referidos nas cantigas, bem como a “Arte de Trovar”, o pequeno tratado de poética trovadoresca que abre o Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
Responsable do recurso: Graça Videira Lopes, Manuel Pedro Ferreira (responsável pela área da música) - cantigas@fcsh.unl.pt
URL: http://cantigas.fcsh.unl.pt/
Universo Cantigas - Edición crítica dixital da poesía medieval galego-portugueas.
O portal Universo Cantigas presenta a edición crítica dixital da lírica profana galego-portuguesa, a continuar o traballo realizado nos anos 2010-2015 para o Glosario, agora integrado tamén no portal e vinculado aos textos. Na primeira fase do proxecto (2016-2018) é editada a primeira sección do «cancioneiro xeral» galego-portugués, constituída fundamentalmente por cantigas de amor e que comprende as primeiras 640 cantigas.
Responsable do recurso: Manuel Ferreiro - manuel.ferreiro@udc.gal, universo.cantigas@udc.gal
URL: http://universocantigas.gal
Información adicional de interese: Universo Cantigas foi aberta ao público no día 17 de maio de 2018 coas primeiras cantigas, que se van incrementando progresivamente até completar o corpus.
The Cantigas de Santa Maria Database.
Base de dados com informação contextual sobre textos e manuscritos, métrica, fontes, bibliografia e discografia das Cantigas de Santa Maria, com arquivos de edições e transcrições de texto e música.
Responsable do recurso: Prof. Stephen Parkinson - csm@mod-langs.ox.ac.uk
URL: http://csm.mml.ox.ac.uk/
Información adicional de interese: O site disponibilizará a nova edição crítica das Cantigas de Santa Maria, em preparação no Centre for the Study of the Cantigas de Santa Maria.
TMILG - Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega.
O Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG) é un corpus no que se recolle a totalidade da produción escrita da Galiza medieval, tanto en romance (galego-portugués e castelán) como en latín. O corpus do TMILG abrangue, en números redondos, unhas 16000 unidades textuais distribuídas nun total de 82 obras, representativas das tres grandes categorías recoñecibles na produción textual da Galiza medieval: a prosa notarial, a prosa non notarial e a poesía (verso).
Responsable do recurso: Xavier Varela Barreiro (Instituto da Lingua Galega - USC)
URL: https://ilg.usc.es/tmilg/
Cantigas de Santa Maria for Singers.
Edición completa do texto e da música das CSM, preparada especialmente para o canto e para unha representación oral. O recurso inclúe o texto completo das 420 Cantigas -cada unha delas coa súa silabación, transcrición fonética, notas de transcrición e edición-, acompañadas de transcricións novas, e anotadas e da notación musical orixinal das fontes manuscritas. Inclúese tamén unha guía detallada da pronunciación do galego-portugués, e unha colección de ferramentas de busca, incluíndo concordancias do texto, a posibilidade de buscar palabras en rima e unha concordancia da notación musical.
Responsable do recurso: Andrew Casson - csmforsingers@gmail.com
URL: www.cantigasdesantamaria.com
Información adicional de interese: A. Casson, ‘The Cantigas de Santa Maria for Singers website’, Early Music, vol. XLIII no. 4 (Oxford, 2015) pp. 677–682.

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB). (ISSN 1989-4546)