nobody Axuda Saír
Inicio Buscas simples Buscas avanzadas
Inicio
 
Inicio
Acerca de MedDB
Créditos
Termos de uso
Histórico de actualizacións
Documentación
Preguntas frecuentes
 


MedDB

Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa

Esta base de datos pon a disposición do público interesado o corpus completo das cantigas dos trobadores galego-portugueses.

Na opción Buscas simples, pódense ver directamente -sen necesidade de introducir nome de usuario nin contrasinal- os textos das cantigas e as informacións biográficas dispoñibles para os autores.

Na opción Buscas avanzadas, o usuario poderá realizar pescudas concretas e complexas para obter información detallada tanto das composicións coma dos aspectos histórico-biográficos dos trobadores.

MedDB ofrece agora unha nova versión, na que é posible buscar cantigas e trobadores sen chave de acceso (Buscas simples) e que, entre outras novidades, incorpora as trascricións das Notas coloccianas e das Rúbricas explicativas presentes nos manuscritos. Ademais, ampliouse o espectro de campos de busca e actualizáronse tanto as edicións críticas dunha gran parte do corpus coma a información para as cantigas e trobadores que vai resultando dos avances progresivos da produción científica. Para facilitar as consultas, convén ter en conta a información facilitada nas caixas de axuda, que se despregan premendo nas ligazóns habilitadas sobre o nome de cada campo de busca.

In memoriam Fernando Magán, que fixo posible esta base de datos

Miniatura


Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB). (ISSN 1989-4546)