Indicacións para os/as revisores/as

Sección “Estudos”

Obxectivo da revisión

O obxectivo da revisión é determinar se o artigo avaliado posúe o interese e a calidade suficientes para ser publicado, con ou sen modificacións, en Cadernos de fraseoloxía galega, ou se pola contra, debe ser rexeitado.

Enfoques da revisión

Interese temático

Na sección Estudos de Cadernos de fraseoloxía galega publicaranse artigos de investigación orixinais sobre fraseoloxía, aceptándose tanto reflexións teóricas como traballos aplicados (tradución, didáctica…). O revisor debe ter en conta, por unha banda, que o corpus de análise pode ser o repertorio fraseolóxico de calquera lingua e, por outra banda, que o termo fraseoloxía se entende nun sentido amplo, dando cabida non só ás locucións, senón tamén ás colocacións, aos termos compostos sintagmáticos e ás paremias. Tendo isto en consideración, o revisor deberá indicar se o artigo obedece ou non aos criterios temáticos de publicación.

Calidade

O revisor deberá indicar así mesmo se o artigo reúne os requisitos mínimos de calidade para ser merecente de publicación. A este respecto deberá ter en conta os seguintes aspectos:

Presentación da revisión

O revisor deberá cubrir o formulario que acompaña estas instrucións. De acordo co exposto, deberá indicar e xustificar se o traballo se axusta aos intereses temáticos da revista. Só no caso de que a resposta sexa positiva, deberá indicar e xustificar tamén se o traballo se axusta aos criterios de calidade da revista.

Aínda que os criterios de calidade foron desdobrados en varios aspectos, que deben ser atendidos na revisión e comentados no informe, o avaliador poderá organizar libremente a súa exposición. En calquera caso, agradecemos que todas as apreciacións realizadas, sexan positivas ou negativas, se xustifiquen debidamente. Tamén sería aconsellable que, na súa argumentación, o avaliador diferenciase entre observacións fundamentais e observacións secundarias.

Os comentarios do revisor deben vincularse cunha toma de decisión sobre a publicación do traballo. Deste xeito, deberá indicar se o artigo

  1. pode publicarse sen modificacións,
  2. pode publicarse, pero con modificacións menores,
  3. pode publicarse, pero con importantes modificacións,
  4. non se pode publicar.

No caso de que as opcións marcadas sexan 2) ou 3), o revisor deberá explicar con claridade cales son os cambios que se deben realizar para que o traballo poida ser publicado. Esa explicación deberá ir acompañada da correspondente xustificación ou da correspondente remisión aos comentarios verbo da calidade do artigo.

Estilo da revisión

O informe debe ser claro e preciso. Rogamos que sexa especialmente nidio na exposición dos aspectos que cómpre modificar para que o artigo se poida publicar e que ofreza a referencia completa de calquera traballo ao que remita.

De por parte, lembrámoslle que un dos obxectivos fundamentais dos procesos de revisión é contribuír a mellorar a calidade dos traballos a través da crítica construtiva. Neste sentido, pregámoslle que atenda a este cualificativo e que evite expresións acerbas que poidan desanimar os autores dos traballos no seu proceso investigador (pense que o artigo pode ser da autoría dun investigador que se está iniciando e que vostede, coa súa revisión crítica e construtiva, pode axudalo a mellorar ou reconducir aspectos básicos do seu método de traballo).

Proceso da revisión

O avaliador debe remitir o formulario de revisión á Secretaría de Redacción paremias@cirp.gal no prazo máximo dun mes desde a recepción do traballo. Cada artigo será enviado a dous revisores e só en caso de discrepancia entre eles se remitirá a un terceiro, cuxo ditame será definitivo. Para encontrar os ditos avaliadores, a Secretaría de Redacción disporá dun mínimo de dez días e dun máximo de vinte. No entanto, en caso de producirse especial dificultade para o conseguir (debido á especificidade da temática do traballo ou da súa lingua), o prazo será susceptible de ser aumentado.

A Secretaría de Redacción comunicaralle ao autor a aceptación (provisional, isto é, suxeita a modificacións, ou definitiva) da colaboración ou o seu rexeitamento dentro dos dez días posteriores á recepción dos formularios entregados polo persoal avaliador. A comunicación realizarase mediante un informe razoado elaborado pola Secretaría de Redacción a partir deses. Eventualmente, poderán incluírse na súa versión íntegra.

Se o traballo é provisionalmente aceptado, a Secretaría de Redacción da revista deberá incluír no seu informe unha listaxe coas suxestións dos avaliadores. O autor terá un prazo de quince días para realizar as oportunas modificacións ou, no seu caso, as alegacións aos cambios solicitados. A revista, de súa vez, terá un prazo máximo de dez días desde a recepción do traballo modificado, ou das alegacións, para notificar a aceptación ou o rexeitamento definitivo deste. Puntualmente, a Secretaría de Redacción poderá remitir o traballo modificado aos avaliadores para que estes informen sobre a adecuación das modificacións realizadas aos cambios solicitados. Así mesmo, poderán enviarse as alegacións presentadas polo autor para que os avaliadores xustifiquen positiva ou negativamente a súa pertinencia.

O sistema de arbitraxe é de dobre anonimato, de xeito que nin os autores dos traballos deben coñecer o nome dos seus avaliadores nin os avaliadores deben coñecer o nome dos autores. Por tal motivo, pregamos que no informe non inclúa ningún comentario que poida desvelar a súa identidade.

Sección “Recadádivas”

Obxectivo da revisión

O obxectivo da revisión é determinar se o artigo avaliado posúe o interese e a calidade suficientes para ser publicado, con ou sen modificacións, en Cadernos de fraseoloxía galega, ou se pola contra, debe ser rexeitado.

Enfoques da revisión

Interese temático

Na sección Recadádivas de Cadernos de fraseoloxía galega publicaranse recolleitas orixinais de fraseoloxía galega, tendo en consideración que o termo fraseoloxía se entende nun sentido amplo, dando cabida non só ás locucións, senón tamén ás colocacións, aos termos compostos sintagmáticos e ás paremias. O revisor deberá indicar se o artigo obedece ou non aos criterios temáticos de publicación.