Logo Informe de literatura 1998
Informe de literatura 1998

Blanca-Ana Roig Rechou (Director do proxecto); Blanca-Ana Roig Rechou (Coordinador); Mª Isabel Soto López (Axudante de coordinación); Mario Romero Triñanes, Alexandra Cabaleiro Carro (Bolseiro)

(1999)

84-453-2277-9

Prezo: 7.100 pts.

Páxinas: 844

Formato: 27'5 x 21'5 cm.

Imprime: Alva Gráfica

Continuando coa liña das anteriores entregas, no Informe de Literatura 1998 dáse noticia de todo aquilo que, atinxindo directa ou indirectamente o ámbito da literatura galega, incluídos o teatro, a literatura medieval e a literatura de transmisión oral, apareceu impreso durante o ano 1998 e, dentro deste tipo de soporte, nas súas máis variadas manifestacións: monografías, libros colectivos, revistas, xornais, folletos… Tamén nas súas páxinas se achega información relativa ós diversos premios vinculados á literatura galega, así como ás representacións teatrais que se escenifican en lingua galega. Este ano presenta como innovación a referencia a aquelas páxinas web que tratan, tanto dende o punto de vista da creación coma do da crítica, a literatura galega. Co propósito de mellora-las edicións anteriores, do mesmo xeito amplíase o número de estatísticas. Ademais do soporte impreso, o Informe do 98 aparece en soporte electrónico (CD-ROM), xunto ós informes xa publicados.