Logo Eco de Galicia (A Habana, 1917-1936)
Eco de Galicia (A Habana, 1917-1936)

Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); María Lojo Abeijón (Edición)

(2004)

84-453-3829-3

Prezo: 7,50 €

Páxinas: 118

Formato: 15,2 x 22 cm.

Imprime: Gráficas Garabal, S.L.

Descargar (449 MB)

No terreo da prensa galega da emigración en Cuba é Eco de Galicia (A Habana, 1917-1936) unha cabeceira de singular relevo. Subtitulada “Revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba”, contou con moitos e moi importantes colaboradores (Mercedes Vieito, Lesta Meis, Blanco Torres, M. Murguía, F. Vaamonde Lores, Victoriano Taibo, R. del Valle-Inclán, Filgueira Valverde, Otero Espasandín, Xavier Bóveda, Andrés Muruais entre outros) e un importante material de ilustracións. Editamos aquí, en libro e CD-ROM, os anos 1917-1918 de Eco de Galicia, primeiros da revista (77 números en total) que van precedidos dun estudo da publicación (trazos externos, temas, lingua, ficha técnica) e dos índices que facilitan a consulta das súas páxinas e números.