Logo XISTRAL. Revista de poesía (Lugo, 1949)
XISTRAL. Revista de poesía (Lugo, 1949)

Luís Alonso Girgado e Laura Piñeiro Pais (responsables da edición), Claudio Rodríguez Fer (introdución) e Juan Vidales Pousa (ilustracións)

(2016)

978-84-453-5213-7

Prezo: 4 €

Páxinas: 60

Formato: 230x150 mm

Imprime: Segaof, S.L.

Descargar (2 MB)

Xistral (Lugo, 1949), foi una revista poética creada por Manuel María, o poeta de Outeiro de Rei, xustamente cando tiña vinte anos e aínda non publicara Muiñeiro de Brétemas (1950), o seu primeiro poemario. Xistral, que toma o seu nome da Serra do Xistral luguesa, tirou unicamente dous números e foi publicación bilingüe coma todas as daqueles anos da posguerra. Foi una aventura individual, de xuventude, sen medios económicos. Aínda así, tres grandes nomes da nosa lírica figuran nas súas páxinas: Alvaro Cunqueiro, Luís Pimentel e Aquilino Iglesia Alvariño. Este facsímile recupera unas páxinas poéticas esquecidas e hoxe inencontrables, xustamente cando o Día das Letras 2016 está dedicado ao seu fundador: Manuel María Fernández Teixeiro.